Campaña en centros educativos


Os Electrecos queremos formar un gran movemento de superheroes da reciclaxe de Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos, RAEE. Pero precisamos que nos axudedes a levar a nosa mensaxe a todas as nenas e nenos galegos! Para iso preparamos unha chea de cousas. Ollade!


Visitas aos coles:

Os Bolechas Electrecos imos visitar 350 centros de educación infantil e primaria de Galicia para falarvos da reciclaxe de RAEE e sumar seguidores á Real Orde do Movemento RAEE dos Bolechas.


Ver axenda

Tamén podes ver a axenda por Ecoequipos a ver que Bolecha visita o teu centro...

*Preme nas burbullas dos personaxes



EcoCarlos



EcoPili



EcoLoli



EcoBraulio



EcoSonia



EcoTatá



Material divulgativo e de promoción,

tanto físico como dixital que se entregará nas visitas e estará dispoñible nesta web para ser usado por todo o persoal docente.



Vídeo didáctico dos Bolechas para aprender todo sobre os RAEE da forma máis divertida.
Un concurso de debuxo que poremos en marcha nunha segunda fase nesta web para todos os centros de educación infantil e primaria de Galicia, con agasallos por participar e un gran premio final para o cole gañador.
Unha unidade didáctica para traballar na aula o tema dos RAEE e moitas outras competencias transversais que consideramos claves para a formación do alumnado.