Preguntas frecuentes


Que é este concurso de debuxo?

É unha iniciativa organizada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e os SCRAP dos RAEE, en colaboración cos Bolechas, e destinada a escolares de infantil e primaria de toda Galicia.

O concurso xorde de tres premisas esenciais no eido educativo:

· Da importancia da sensibilización da infancia en proxectos ambientais e de sustentabilidade ambiental, en concreto na correcta reciclaxe dos RAEE para a saúde do noso planeta e da nosa propia saúde.

· Por outra banda quérese resaltar o papel que xoga o entorno escolar na infancia e a vinculación entre a casa e o colexio. O labor do profesorado, a experiencia diaria cos compañeiros e a propia aprendizaxe son unha serie de valores clave que recibimos durante a nosa infancia e que nos acompañan durante toda a nosa vida.

· E tamén se quere fomentar a creatividade da cativada convidándoa a realizar unha actividade lúdica e divertida.

A temática dos debuxos versará sobre a correcta reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e a súa importancia para a protección ambiental da nosa contorna, da natureza e da nosa propia saúde.

Quen pode participar?

O concurso está pensado para que participen aulas de centros educativos de infantil e primaria de toda Galicia de forma colectiva, así como nenas e nenos galegos de forma individual, participen ou non na modalidade escolar. Cómpre salientar que cada modalidade (escolar e individual) opta a uns premios concretos.

En que datas se pode participar?

O concurso terá lugar entre os días 6 ao 31 de Maio de 2019.

Que modalidades de participación hai?

Os participantes poden inscribirse de dúas maneiras (complementarias).

Desde o colexio: o profesor ou profesora inscribe a clase. Poden participar tantas aulas do colexio como desexen.

Desde a casa: un familiar adulto ou titor/a da nena ou neno será o responsable de inscribilo para participar de forma persoal –e optar aos premios individuais–, tanto se participa co colexio como se non.

Un colexio pode participar varias veces?

Os colexios participan por clases/aulas. Poderán inscribirse tantas clases do mesmo centro como o desexen.

Meu fillo/a participa co colexio, teño que facer outro debuxo?

Non. Os que participaron no colexio recibirán un código que inserirán no apartado “Participo desde a casa” desta web por medio dun formulario. Este código permitiralles optar aos premios individuais sen necesidade de realizar un segundo debuxo.

Meu fillo/a participa co colexio e non teño código

No caso de non recibir a folla informativa que contén o código para a participación individual, pode solicitala ao colexio ou ben chamar ao teléfono de consulta 902 18 20 10.

Meu fillo/a non participa co colexio

No caso de non ter participado na modalidade escolar poderá facelo de forma individual. Para iso as familias ou titores dos menores deberán inscribirse na web do concurso e descargar a folla onde a nena ou neno deberá facer o debuxo que despois enviarán por correo electrónico (válidos os formatos de fotografía ou imaxe escaneada) ou por correo postal ao Apartado de Correos 50 de Santiago de Compostela. É importante que se identifiquen correctamente os datos do concursante (responsable/titor do menor), para máis seguridade aconséllase que os especifique no corpo do email.

Que premios hai?

Entre as participacións escolares sortearase un gran premio de 3.000 euros, ademais de 10 ordenadores portátiles e 20 Bibliotecas Básicas Os Bolechas (colección consistente en 18 tomos de gran valor pedagóxico). En total, por tanto, entregaranse 31 premios a outras tantas aulas.

Entre as participacións individuais sortearanse 20 Bibliotecas Básicas Os Bolechas (cada colección contén 18 libros).

Como teño que facer o meu debuxo?

O primeiro paso, xa sexa na participación desde o colexio ou desde a casa, é cubrir un formulario de inscrición que permitirá descargar a folla na que se deberá facer o debuxo. O neno/a poderá utilizar para a súa obra a técnica que prefira.

Podo enviar o meu debuxo en calquera folla?

Non. Os debuxos só serán tidos en conta no concurso se son realizados na folla modelo que se pode descargar tras cubrir o formulario de inscrición.

Como envío o meu debuxo?

Na modalidade escolar, os colexios recibirán un mensaxeiro unha semana (7 días) despois de inscribirse no concurso para recoller o sobre cos debuxos da clase inscrita.

Na participación desde a casa, o envío dos debuxos será por correo electrónico a debuxa@osbolechas.com (fotografía ou folla escaneada) ou por correo postal ao Apartado 50 de Santiago de Compostela. No caso do envío por email é importante que na fotografía/escaneo se vexan os datos do concursante, para máis seguridade aconsellamos que os especifique no texto do email.

Que pasa co meu debuxo unha vez o entrego?

Por dificultades loxísticas, non é posible devolver ningún dos debuxos recibidos. Ademais, a participación no concurso leva implícita a autorización para o uso dos debuxos para publicacións, edición dixitais, exposicións etc

Como se escolle os gañadores?

A través dun sorteo entre todas as participacións. Cada unha das modalidades (desde o colexio e desde a casa) contará co seu propio sorteo.

Os sorteos celebraranse ante notario o día 6 de Xuño ás 12:00 horas.

Como sei se gañei?

A organización porase en contacto cos gañadores a través dunha chamada telefónica e por correo electrónico. A lista de gañadores tamén se poderá consultar a través da web do concurso na sección Premiados.

Se gaño, como recibo o meu premio?

O gran premio escolar de 3000 euros entregarase nunha cerimonia no centro escolar gañador cuxa data será comunicada con anterioridade e publicarase na sección premiados da web do concurso. Os demais premios, tanto escolares como individuais, serán enviados aos colexios/domicilios gañadores.

Onde podo consultar as bases completas do concurso?

As bases poden consultarse na sección bases desta web. As presentes bases están depositadas ante o notario de Santiago de Compostela, Doña Inmaculada Espiñeira Soto.