Intro


Ola! Somos os Electrecos: EcoCarlos, EcoPili, EcoLoli, EcoBraulio, EcoSonia e EcoTatá. Os Bolechas convertémonos en superheroes da reciclaxe dos RAEE, Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e os SCRAP dos RAEE, están moi preocupados polo aumento deste lixo electrónico e a contaminación que provoca, así que decidimos axudarlles a solucionar o problema. Pero precisamos axuda!

Queremos formar un gran batallón da reciclaxe con todas as nenas e nenos galegos: seremos a Real Orde do Movemento RAEE dos Bolechas e defenderemos o planeta da contaminación, do abuso dos recursos naturais e das malas prácticas que poñen en perigo o noso medio. Por iso, convocamos este concurso de debuxo sobre a importancia da correcta reciclaxe dos RAEE para a saúde do noso planeta e da nosa propia saúde, no que poderedes dar as vosas ideas sobre reciclaxe e coidado da nosa contorna… e gañar moitos premios!