Info do concurso

O concurso de debuxo está dirixido a alumnado de infantil e primaria. As nenas e nenos poderán expresar dun xeito creativo calquera aspecto relacionado coa reciclaxe, o coidado do medio ambiente, o respecto pola contorna etc. Deste xeito, ademais de promover unha reflexión individual sobre esta temática, afóndase no importante papel que xoga o colexio na transmisión de coñecementos e valores fundamentais, ao tempo que se fomenta a creatividade cunha iniciativa lúdica e divertida.


Os nenos poden participar a través de dúas vías:



Desde o cole

O profesor de cada aula deberá entrar na sección Participo desde o cole e seguir as instrucións. É moi doado! Poden participar todas as clases que o desexen.

O colexio poderá gañar...

Un gran premio de 3.000 euros, 10 ordenadores portátiles e 20 Bibliotecas Básicas Os Bolechas (cada colección está composta por 18 tomos que tratan diversos aspectos da vida cotiá da cativada dun xeito didáctico e moi divertido).



Desde a casa

Se a nena ou neno xa participou co seu colexio recibirá unha folla informativa coas indicacións para optar aos premios individuais. E se non participou na escola, tamén pode facelo de forma individual, presentando o seu debuxo para optar a un dos premios individuais. Só ten que entrar na sección Participo desde a casa e seguir as instrucións.

Poderá gañar...

Unha das 20 Bibliotecas Básicas Os Bolechas (colección composta por 18 tomos que tratan diversos aspectos da vida cotiá da cativada dun xeito didáctico e moi divertido).