O QUE SE ENCHUFA RECÍCLASE, TRASLÁDASE AO MERCADO MUNICIPAL QUIROGA BALLESTEROS DE LUGO


  •  A provincia conta con 65 contenedores de residuos de aparellos eléctrico e electrónicos e a capital con 7
  •  A campaña visitará 31 concellos lucenses


Lugo 24/10/2017.- O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible de Lugo, Daniel Piñeiro e a Xefa Territorial de Ecomía, Emprego e Industria da Xunta, Pilar Fernández visitaron a nova ubicación do punto de información de O que se enchufa recíclase no mercado municipal Quiroga Ballesteros de Lugo, onde permanecerá ata o 2 de novembro. Promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ofiraee a campaña conta coa colaboración do Concello de Lugo. No acto tamén estiveron presentes o secretario xeral de ADEN (Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos) Javier de la Cerda e o concelleiro do PP de Lugo, Enrirque Rozas.

A visita pretende ser unha chamada de atención á opinión pública sobre a necesidade de non tirar estes residuos ao lixo. De feito, a campaña busca incrementar as taxas de reciclaxe de aparellos eléctricos informando sobre as vantaxes e sobre os puntos de recollida existentes. Na provincia de Lugo hai 65 contedores repartidos noutros tantos establecementos adheridos á campaña para que os veciños poidan depositar os aparellos que xa non queren. Sete deles están situados na capital.

Os cidadáns poden consultar os puntos de reciclaxe máis próximos aos seus domicilios na web www.oqueseenchufareciclase.gal; a información tamén está nas redes sociais, a través de facebook.com/RAEEGALICIA e twitter.com/RAEE_GAL e instagram @raee_galicia

A campaña visitará 31 concellos da provincia de Lugo. Tras a capital, os seguintes destinos serán Monforte de Lemos, Viveiro e Sarria. A Xunta desenvolve esta iniciativa en colaboración cos representantes dos Sistemas Colectivos de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SCRAP) de Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (RAEE).