¿QUÉ SE CONSIDERA RAEE?

RAEE son as siglas de "residuos dos aparellos eléctricos e electrónicos". Isto quere dicir que un televisor, unha tablet, un frigorífico, cando xa non serven e queres desfacerte del, convértese en RAEE e debe ser levado aos establecementos adheridos ou aos puntos limpos dos concellos para reciclarse correctamente.


Estes aparellos poden ter un uso particular ou profesional, xa que non só se reciclan os aparellos eléctricos ou electrónicos que temos na casa. Os aparellos necesarios para xerar, transmitir e medir as correntes e campos electromagnéticos tamén se deben reciclar.

SE SE ENCHUFA, LEVA PILAS OU BATERÍA, NALGÚN MOMENTO SERÁ UN RAEE QUE HAI QUE RECICLAR.